viernes, 20 de febrero de 2015

A beginning




(Dustin O'Halloran -  An ending, a beginning)



E garda un pouco de ti
para teres a onde volver
cando te perdas de novo.
Cando o norte desapareza
aínda que siga aí o rastro
daquilo que era o teu comezo.
E volve sobre os teus pasos
para camiñar de novo.
Segue o fío dos teus pensamentos
ata o momento no que deixou de ser
aquilo do que non había dúbidas.
E volve a ese fogar
dos atardeceres sen fin
para respirar de novo.
Volve a escoitar a melodía
dos días azuis en praias solitarias
nas que crecemos sen decatarnos.
E volve de novo
a ese paraxe que só ti e máis eu coñecemos.
Aquel que se agocha á mirada doutros
nos pensamentos ocultos da túa mente
                             esperando a que te perdas, de novo.                            



2 comentarios:

Anónimo dijo...

É ben bonito

Cris dijo...

Grazas! Faise o intento.